Principal

A Panadaría

 

A PANADARÍA somos Areta, Noelia e Ailén.

Fundamos a compañía no ano 2013 presentando o espectáculo PAN!PAN!

que gañou o 1º Premio Xuventude Crea 2013, Premio María Casares 2015 á Mellor

Actriz Secundaria (Areta Bolado) e o Premio da Crítica Galicia 2015.

Con este primeiro espectáculo xa conseguimos premios e eloxios da crítica

pero despois de estrear a nosa nova obra, Panamericana, seguimos sen ter

decorados de pan de ouro e veludo, nin local de ensaio, nin furgoneta,

nin homes. Aínda.

Amasamos un teatro de creación propia e, por iso, chamámonos A panadaría,

porque o noso é un oficio de tradición, de esforzo e constancia, de relación

da persoa cos elementos máis básicos, co que viu antes e co que está por chegar.

Porque en todo o mundo a humanidade fai pan e fai teatro, chamámonos A panadaría,

para alimentar corpo e alma.

A avoa de Noelia, Lola, dixo de nós: “sodes unha pandilla esplendorosa”.

Espectáculos

Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.

As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento.

Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.

 

4 PREMIOS MARÍA CASARES

- Premio María Casares Mellor Espectáculo 2018

- Premio María Casares Mellor Dirección 2018

- Premio María Casares Mellor Texto Orixinal 2018

- Premio María Casares Mellor Actriz Protagonista 2018

2 PREMIOS DO PÚBLICO

- Premio do Público MIT Ribadavia 2018

- Premio do Público FETEGA Carballiño 2018

PREMIO DO COLECTIVO LGTB

- XIV Premio LGBT Marcela e Elisa Colectivo Alas 2018

PREMIO DE IGUALDADE

- Premio Igualdade Luísa Villalta 2017

TODAS AS ACTRICES PREMIADAS

- Premio Mellor Actriz Ex Aequo FETEGA Carballiño 2018

 

Unha coprodución con:

- Centro Dramático Galego

- Concello d'A Coruña

- Concello de Vimianzo

- Concello de Rianxo

 

Creación e interpretación: Areta Bolado

Noelia Castro

Ailén Kendelman

Dirección: Gena Baamonde

Texto: A Panadaría

Gena Baamonde

Música: Ailén Kendelman

Vestiario e Caracterización: Fany Bello

Iluminación: Montserrat Piñeiro

Laura Iturralde

PANAMERICANA é unha comedia con sabor a guiso tropical. Un musical no que tres actrices interpretan 24 personaxes.

Miranda Celia del Río, é unha artista de éxito no seu país, Panamérica, pero a presión da fama fai que fuxa na procura dunha vida mellor. A súa escapada remata na Provincia, unha vila na que se terá que enfrontar ao seu laberíntico e absurdo aparello burocrático, sanitario e financeiro. Unha caricatura na que xa non sabemos se este mundo é como é ou como nós o percibimos.

Panamericana fala dun sistema perverso e dos soños rotos dende unha óptica optimista e divertida. Unha festa teatral de cor, pluma e música.

 

- Nominada a Mellor Texto Orixinal nos Premios

María Casares 2016

- Nominada a Mellor Vestiario nos Premios

María Casares 2016

- Areta Bolado nominada e Mellor Actriz Secundaria nos Premios María Casares 2016

 

Creación e interpretación: Areta Bolado

Noelia Castro

Ailén Kendelman

Idea orixinal / texto: Areta Bolado

Música orixinal: Ailén Kendelman

Iluminación: Montse Piñeiro

Construcción monicreque: Iria Roibás Esteve

Deseño vestiario: Uxía P.Vaello

Confección vestiario: Vaello

Imaxe gráfica: Noelia Castro

Fotografía: Pilar Abades

Vídeo: Pilar Abades e Illa Bufarda

Asesoría en movemento: Laia Oliveras

Asesoría en manipulación: Alba Grande

Formación en maxia: Sara Rodríguez

Formación en literatura: Gabriela Rivera

PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

 

- Premio da Crítica Galicia 2015

- Areta Bolado Mellor Actriz Secundaria nos Premios

María Casares 2015

- Nominada a Mellor Música Orixinal nos Premios

María Casares 2015

- Primeiro premio Xuventude Crea 2013

 

Creación e interpretación: Areta Bolado

Noelia Castro

Ailén Kendelman

Idea orixinal / texto: Areta Bolado

Música orixinal: Ailén Kendelman

Atrezzo: Isabel Mouzo

Iluminación: Montse Piñeiro

Fotografía: Pilar Abades

Deseño gráfico: Noelia Castro

 

Datas

 

Se nos queres ver. . . bule!

 
ELISA E MARCELA
CARPA DO ROXY. O PORRIÑO
– xoves 20 de setembro.

 
ELISA E MARCELA
CASA DA CULTURA RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ. BOIRO
– venres 21 de setembro.

 
ELISA E MARCELA
SALÓN TEATRO. LALÍN
– venres 28 de setembro.

 
ELISA E MARCELA
SALA BAHÍA. FOZ
– sábado 29 de setembro.

 
ELISA E MARCELA
CASA DA CULTURA. BURELA
– venres 5 de outubro.

 
ELISA E MARCELA
IES AS BARXAS. MOAÑA
– sábado 6 de outubro.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL. RIBADEO
– domingo 7 de outubro.
– luns 8 de outubro. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
ELISA E MARCELA
FÓRUM DA MAIA – GRANDE AUDITORIO. FESTIVAL CÓMICO DE MAIA (OPORTO)
– luns 3 de outubro.

 
ELISA E MARCELA
FITO AOURENSE. TEATRO PRINCIPAL
– xoves 11 de outubro.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL LOIS TOBÍO. GONDOMAR
– sábado 13 de outubro.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO MUNICIPAL. CAMBADOS
– domingo 14 de outubro.

 
ELISA E MARCELA
TEATRO PRINCIPAL. PONTEVEDRA
– xoves 18 de outubro.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO DO CENTRO CÍVICO CULTURAL. ARTEIXO
– venres 19 de outubro.

 
ELISA E MARCELA
SALÓN TEATRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– xoves 25 de outubro.
– venres 26 de outubro.
– sábado 27 de outubro.
– domingo 28 de outubro.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO DA RAMALLOSA. TEO
– sábado 3 de novembro.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. TUDELA DEL DUERO (VALLADOLID)
– venres 9 de novembro.

 
ELISA E MARCELA
CENTRO DOTACIONAL DE TORROSO. MOS
– sábado 17 de novembro.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO MUNICIPAL. VALDOVIÑO
– domingo 18 de novembro.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. CALDAS DE REIS
– mércores 21 de novembro. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
ELISA E MARCELA
CASA DA CULTURA. O PINO
– xoves 22 de novembro.

 
PAN!PAN!
SALÓN DE ACTOS DO AUDITORIO. RIBEIRA
– venres 23 de novembro.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO. TOMIÑO
– sábado 25 de novembro.

 

Historial de funcións

 
ELISA E MARCELA
CARBALLEIRA DA GRANXA MARUXA. AGROCUIR DO ULLOA, MONTERROSO
– sábado 25 de agosto.

 
ELISA E MARCELA
PATIO DE LOS SITIOS. FERIA DE TEATRO CIUDAD RODRIGO
– mércores 22 de agosto de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. FETEGA – O CARBALLIÑO
– xoves 23 de agosto de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. MOSTRA TEATRO DE CARIÑO
– martes 14 de agosto de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO RUBÉN GARCÍA DO CASTELO. MIT DE RIBADAVIA
– sábado 21 de xullo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
PLAZA RAFAEL DIESTE. RIANXO
– domingo 8 de xullo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO REVERIANO SOUTULLO. PONTEAREAS
– venres 29 de xuño de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. VIMIANZO
– xoves 28 de xuño de 2018.

 
ELISA E MARCELA
TEATRO JOFRE. FERROL
– mércores 27 de xuño de 2018.

 
ELISA E MARCELA
IES VAL DO TEA. PONTEAREAS
– xoves 21 de maio de 2018. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO SANTA BAIA. RIBADUMIA
– venres 15 de xuño de 2018.

 
PAN!PAN!
GARUFA CLUB. A CORUÑA
– domingo 3 de xuño de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. VIGO
– sábado 2 de xuño de 2018.

 
ELISA E MARCELA
IES POLITÉCNICO. VIGO
– venres 25 de maio de 2018. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
ELISA E MARCELA
IES MANUEL ANTONIO. VIGO
– mércores 16 de maio de 2018. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. CEDEIRA
– sábado 5 de maio de 2018.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO V CENTENARIO. BAIONA
– luns 16 de abril de 2018. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
PAN!PAN!
AUDITORIO MUNICIPAL. VIMIANZO
– sábado 24 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO GUSTAVO FREIRE. LUGO
– venres 23 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
CENTRO CULTURAL. A GUARDA
– xoves 22 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. O ROSAL
– xoves 22 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. OLEIROS
– sábado 17 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. CANGAS
– domingo 11 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
CASA DA CULTURA. NEDA
– venres 9 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
TEATRO COLISE NOELA. NOIA
– sábado 3 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
CASA DA CULTURA DE BERTAMIRÁNS. AMES
– venres 2 de marzo de 2018.
 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO PAZO DE CONGRESOS. OURENSE
– xoves 1 de marzo de 2018.

 
ELISA E MARCELA
PAZO DA CULTURA. CARBALLO
– venres 23 de febreiro de 2018.

 
ELISA E MARCELA
EDIFICIO MULTIUSOS. MONFORTE
– xoves 22 de febreiro de 2018.

 
ELISA E MARCELA
CASA DA CULTURA PINTOR LLORÉNS. SADA
– domingo 18 de febreiro de 2018.

 
ELISA E MARCELA
TEATRO PASTOR DÍAZ. VIVEIRO
– sábado 17 de febreiro de 2018.

 
PANAMERICANA
AUDITORIO MUNICIPAL. OUTES
– sábado 16 de decembro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. VIMIANZO
– domingo 10 de decembro de 2017.
– luns 11 de decembro de 2017. (ESCOLAR)

 
PANAMERICANA
CASA DA CULTURA. NEDA
– sábado 9 de decembro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
TEATRO COLÓN. A CORUÑA
– sábado 2 de decembro de 2017.

 
PAN!PAN!/span>
AUDITORIO MUNICIPAL. OUTES
– sábado 25 de novembro de 2017.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO DO CENTRO CÍVICO. MALPICA
– venres 17 de novembro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
TEATRO MUNICIPAL LAURO OLMO.
O BARCO DE VALDEORRAS

– venres 10 de novembro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
TEATRO PRINCIPAL. PONTEVEDRA
– xoves 9 de novembro de 2017.

 
PAN!PAN!/span>
SALÓN DE ACTOS EDIFICIO DAS ESCOLAS. PONTECESO
– sábado 4 de novembro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
TEATRO MUNICIPAL. TUI
– venres 3 de novembro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
SALÓN TEATRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– xoves 26 de outubro de 2017.
– venres 27 de outubro de 2017.
– sábado 28 de outubro de 2017.
– domingo 29 de outubro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. VIGO
– venres 20 de outubro de 2017.
– sábado 21 de outubro de 2017.

 
ELISA E MARCELA – ESTREA!
TEATRO ROSALÍA DE CASTRO. A CORUÑA
– sábado 14 de outubro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
CASA DA CULTURA. DUMBRÍA
– xoves 12 de outubro de 2017.

 
ELISA E MARCELA
AUDITORIO MUNICIPAL. RIANXO
– xoves 5 de outubro de 2017.

 
PAN!PAN!
FESTIVAL FÓRA DO MAPA. FERROL
– sábado 10 de xuño de 2017.

 
PAN!PAN!
EDIFICIO DE SERVIZOS MÚLTIPLES. CULLEREDO
– venres 9 de xuño de 2017.

 
PAN!PAN!
SALA MULTIDISCIPLINAR O REBULLÓN. MOS
– mércores 17 de maio de 2017.
 
PAN!PAN!
AUDITORIO MUNICIPAL. CEDEIRA
– sábado 22 de abril de 2017.

 
PANAMERICANA
CASA DA CULTURA. BURELA
– Mércores 21 de decembro de 2016.

 
PAN!PAN!
CASA DA CULTURA. BURELA
– venres 4 de novembro de 2016.

 
PAN!PAN!
BIBLIOTECA MUNICIPAL. LALÍN
– luns 24 de outubro de 2016.

 
PANAMERICANA
TEATRO PRINCIPAL. PONTEVEDRA
– venres 21 de outubro de 2016.

 
PANAMERICANA
AUDITORIO DO MULTIUSOS DA XUNQUEIRA. REDONDELA
– sábado 15 de outubro de 2016.

 
PAN!PAN!
TEATRO PRINCIPAL. FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DE OURENSE (FITO)
– xoves 13 de outubro de 2016.

 
PANAMERICANA
SALA TEATRO ÁRTIKA. VIGO
– domingo 9 de outubro de 2016.

 
PANAMERICANA
SALA TEATRO ÁRTIKA. VIGO
– sábado 8 de outubro de 2016.

 
PANAMERICANA
SALA TEATRO ÁRTIKA. VIGO
– venres 7 de outubro de 2016.

 
PANAMERICANA
FORUM METROPOLITANO. A CORUÑA
– xoves 6 de outubro de 2016.

 
PANAMERICANA
FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO CÓMICO DA MAIA. FÓRUM DA MAIA – GRANDE AUDITÓRIO. PORTUGAL
– luns 3 de outubro de 2016.

 
PANAMERICANA
AUDITORIO MUNICIPAL. CARIÑO
– Martes 16 de agosto de 2016.

 
PAN!PAN!
LOCAL XENTE NOVA DE TABEAIO. CARRAL
– Sábado 11 de xuño de 2016.

 
PAN!PAN!
PRAZA ARQUITECTO ANTONIO PALACIOS. O PORRIÑO
– Sábado 4 de xuño de 2016.

 
PAN!PAN!
CASA DA CULTURA. MONFORTE DE LEMOS
– Xoves 12 de maio de 2016.

 
PAN!PAN!
SALÓN DE ACTOS IES COMPOSTELA. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Martes 3 de maio de 2016. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
PAN!PAN!
IES CARLOS CASARES. VIGO
– Luns 2 de maio de 2016. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
PANAMERICANA
AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL. RIBADEO
– Domingo 3 de abril de 2016.

 
PAN!PAN!
TEATRO COLISEO NOELA. NOIA
– Mércores 30 de marzo de 2016. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
PAN!PAN!
IES DE PONTECESO. PONTECESO
– Martes 29 de marzo. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
PANAMERICANA
AUDITORIO GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. OLEIROS
– Sábado 19 de marzo de 2016.

 
PAN!PAN!
CASA DA CULTURA. MONDIM DE BASTO, PORTUGAL
– Sábado 12 de marzo de 2016.

 
PAN!PAN!
IES ANTÓN LOSADA. A ESTRADA
– Luns 7 de marzo de 2016. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
PANAMERICANA
AUDITORIO MUNICIPAL. CEDEIRA
– Sábado 5 de marzo de 2016.

 
PAN!PAN!
SALÓN DE ACTOS DO AUDITORIO. RIBEIRA
– Luns 29 de febreiro de 2016. (FUNCIÓN ESCOLAR)

 
PAN!PAN!
SALA TEATRO ÁRTIKA. VIGO
– Domingo 28 de febreiro de 2016.
 
PAN!PAN!
SALA TEATRO ÁRTIKA. VIGO
– Sábado 27 de febreiro de 2016.

 
PAN!PAN!
SALA TEATRO ÁRTIKA. VIGO
– Venres 26 de febreiro de 2016.

 
PANAMERICANA
SALÓN TEATRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Domingo 21 de febreiro de 2016.

 
PANAMERICANA
SALÓN TEATRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Sábado 20 de febreiro de 2016.

 
PAN!PAN!
SALÓN TEATRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Venres 19 de febreiro de 2016.

 
PAN!PAN!
SALÓN TEATRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Xoves 18 de febreiro de 2016.

 
PAN!PAN!
SALÓN TEATRO. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Mércores 17 de febreiro de 2016.

 
PAN!PAN!
PAZO DA CULTURA. CARBALLO
– Venres 12 de febreiro de 2016.

 
PAN!PAN!
TEATRO DA CIDADE UNIVERSITARIA (CUVI). VIGO
– Xoves 11 de febreiro de 2016.

 
PAN!PAN! (Versión reducida)
IMPLÍCATE 2016. TEATRO PRINCIPAL. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Domingo 10 de Xaneiro de 2016.

 

CENTRO CULTURAL. A GUARDA
– Domingo 27 de decembro de 2015.

 
PANAMERICANA
CASA DA CULTURA. SAN VICENTE DO GROVE
– Sábado 26 de decembro de 2015.

 
PANAMERICANA
GALICIA ESCENA PRO. TEATRO SGAE. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Xoves 5 de novembro de 2015.

 
PANAMERICANA
AUDITORIO MUNICIPAL. VIGO
– Domingo 18 de outubro de 2015.

 
PANAMERICANA
AUDITORIO MUNICIPAL. VIGO
– Sábado 17 de outubro de 2015.

 
PAN!PAN!
IES AS BARXAS. MOAÑA
– Sábado 10 de outubro de 2015.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO DA XUNQUEIRA. REDONDELA
– Sábado 3 de outubro de 2015.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO MUNICIPAL. CARIÑO
– Mércores 19 de agosto de 2015.

 
PAN!PAN!
FRANCELOS, FONTIÑA MARIÑA. MIT RIBADAVIA
– Martes 21 de xullo de 2015.

 
PAN!PAN!
XARDÍNS DA DEPUTACIÓN. LUGO
– Venres 3 de xullo de 2015.
 
PAN!PAN!
AUDITORIO LOIS TOBÍO. GONDOMAR
– Sábado 23 de maio de 2015.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO MUNICIPAL. VIGO
– Venres 22 de maio de 2015.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL. RIBADEO
– Luns 18 de maio de 2015.(FUNCIÓN ESCOLAR)

 
PAN!PAN!
CASA DA CULTURA. NEDA
– Sábado 9 de maio de 2015.

 
PAN!PAN!
AULA MUNICIPAL DE CULTURA. BETANZOS
– Sábado 11 de abril de 2015.

 
PAN!PAN!
CASA DA CULTURA RAMÓN MARTÍNEZ LÓPEZ. BOIRO
– Venres 10 de abril de 2015.

 
PAN!PAN!
PAZO DA CULTURA. PONTEVEDRA
– Venres 27 de marzo. (FUNCIÓN ESCOLAR)
– Venres 27 de marzo de 2015.

 
PAN!PAN!
CÍRCULO RC. O PORRIÑO
– Mércores 25 de marzo.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO GABRIEL GARCÍA MÁRQUEZ. OLEIROS
– Sábado 21 de marzo de 2015.

 
PAN!PAN!
FORUM METROPOLITANO. A CORUÑA
– Sábado 14 de marzo.

 
PAN!PAN!
TEATRO MUNICIPAL LAURO OLMO.
O BARCO DE VALDEORRAS

– Venres 13 de marzo de 2015.

 
PAN!PAN!
TEATRO MUNICIPAL. TUI
– Sábado 7 de marzo de 2015.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO DO CENTRO CÍVICO CULTURAL. ARTEIXO
– Venres 6 de marzo.

 
PAN!PAN!
TEATRO PRINCIPAL. OURENSE
– Sábado 7 de febreiro de 2015.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO MUNICIPAL HERNÁN NAVAL. RIBADEO
– Domingo 25 de xaneiro de 2015.

 
PAN!PAN!
ZONA C. SANTIAGO DE COMPOSTELA
–  Mércores 10 de decembro de 2014.
–  Xoves 11 de decembro de 2014.
–  Venres 12 de decembro de 2014.
–  Sábado 13 de decembro de 2014.
–  Domingo 14 de decembro de 2014.

 
PAN!PAN!
AUDITORIO SANTA BAIA. RIBADUMIA
–  Domingo 7 de decembro de 2014.

 
PAN!PAN!
GALICIA ESCENA PRO. TEATRO SGAE. SANTIAGO DE COMPOSTELA
– Mércores 5 de novembro de 2014.

 

Caderno

A Crítica sobre Elisa e Marcela

 web critica

                              “Un canto ao amor valente e, asemade, unha homenaxe e unha reivindicación”                                    Afonso Becerra. Artezblai

                                                “Sen dúbida, unha das grandes triunfadoras da temporada”                                                  Antón Lopo. Diario Cultural

       “Son moitas as habilidades artísticas e musicais, moita a intelixencia e a inventiva, moita a gracia que                        desbordan, moita a desmitificación que levan a cabo […] Fan con mestría un exercicio emancipador,                                                                                                 un divertido acto político”                                                                               María Xosé Queizán. PrazaGal

                    “Unha comedia impresionante, cunha estrutura e ritmos trepidantes que destila virtuosismo”                   Laura Porto. Revista Galega de Teatro

                            “Facéndonos chorar da risa, chega tamén directa á boca do estómago para nos revolver”              Lara Rozados. A Sega

                                                                 “Éxito desbordante dun espectáculo transgresor”                                                           J.A. Martínez Sevilla. El Ideal Gallego

                                                                                                 “Puro teatro”                                                                                                   Jose An. Montero. Revista Espacies

 

Panadeiras sen rede

 

Cabeceira da Revista Galega de Teatro

 

 

“Unha viravolta fresca e radical. Un salto sen rede que promete un futuro cheo de teatro.”

Hai unha semana presentabamos PAN!PAN! na Sala 1 da Fundación SGAE dentro do Galicia Escena Pro, a feira do teatro galego. E nós, que hai pouco que chegamos aquí e non sabemos moito destas cousas pensamos que o mellor era ir alí co noso mellor producto, o PAN! (PAN!).

As butacas enchéronse e vimos como a rapazada (nesta ocasión de entre 4 e 89 anos) situábase de pé polas escaleiras e o corredor nun espazo pequeno pero brincallón (como o canciño de Kiki, a cantante do Saloon). E, aínda así, moitos quedaron fóra. Á xente non lle gusta quedar fóra cando van ver un espectáculo pero din que é bo sinal para a compañía xerar tanta expectación. Dillo a eles. Máis dun tivo dobre  desgusto, o primeiro por non poder ver o espectáculo e o segundo por perder de comer un pan boísimo que repartimos entre os asistentes á entrada.

O bo é que as dúas teñen solución. A xente de Santiago de Compostela poderá vernos na Zona C do 10 ao 14 de decembro. E o pan que repartimos tamén está na cidade e provén dunha panadería que, coma nós, é ben artesana e coidadosa co seu produto, Pan da Moa. Aquí podedes ver máis www.pandamoa.com

Ah! E para saber o que pasou durante a función xa tedes a crítica de Roi Vidal no blog da Revista Galega de Teatro  http://rgtcritica.wordpress.com/2014/11/06/pan-pan/ na que di cousas como a da cita coa que comezabamos esta entrada no caderno. Sen rede!

 

 

Abrimos o noso forno dixital!

 

Fotografía Pilar Abades

 

Abrimos o forno dixital de A panadaría. Dámosvos a benvida á nosa web!

Xa levábamos un tempo traballando nesta páxina e estamos moi contentas co resultado, vai coma un tiro! Podedes ver fotos das tres panadeiras e do noso espectáculo PAN!PAN!, as datas de actuación e contactar con nós. Serve para o que serve unha web! Tamén teremos este caderno onde iremos poñendo novas, anécdotas e outros contos.

A principal responsábel de que teñamos páxina web do trinque é Noelia Castro, o noso Harry. Esta e todas as fotografías da web foron feitas por Pilar Abades e a maquillaxe e perruquería foi cousa de Sonia Balado Figueroa. Aquí podedes encontrar máis fotos de Pilar, todas moi feitiñas. http://pilarabades.com/

E se vos presta un cambio na vosa imaxe, mirade o que fai Sonia cunhas tesoiras. https://vimeo.com/91457382

Por último, tivemos a inmensa sorte de que a dona da panadería Vema de Petelos (Mos) nos permitira emporcallar o seu forno con papeis e confetis. Ben é verdade que, despois, nos permitiu tamén limpalo todo, he!

Contacto

Se queres mandarnos cartas de amor faino por aquí

 

Teléfono: (+34) 650454549
Email: apanadaria@hotmail.com
Facebook: A Panadaría

 

O teu nome

O teu email

Asunto

A túa mensaxe