A compañía

A Panadeira? A Pandaría? A PanadEría? La Panadaira? Como raio se chaman estas mulleres?

A Panadaría somos nós: Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman. Gustounos chamarnos así porque unha de nós tiña unha avoa, unha bisavoa e unha tataravoa panadeiras, porque amasamos un teatro artesán e porque o pan sempre cae ben (non sendo que manduques unha bola de dous quilos). Chamámonos A Panadaría, en galego e con moitos as.

As nosas montaxes teatrais

Do forno de A Panadaría, aberto desde 2013, saíron espectáculos con poucos aderezos e moito arrecendo a humor irreverente e crítica social. O noso último proxecto é As que limpan (2022), despois de Elisa e Marcela (2017), Panamericana (2015) e Pan!Pan! (2013). Neste camiño recibimos máis dunha ducia de premios polo noso teatro e valores feministas.

Outros proxectos

Na nosa artesa tamén amasamos obradoiros, músicas orixinais, roteiros, libros e outras delicias.

En todo o mundo a xente fai pan e fai teatro e, así, cos elementos máis básicos, alimenta corpo e alma. Nesta panadaría teatral poñemos a nosa experiencia e coñecementos teatrais ao servizo de proxectos educativos, artísticos e de sensibilización saborosos que conecten as persoas entre si.

Próximas funcións

Las que limpian

Hernani

Biteri Kultur Etxea

20/03/2024

As que limpan

Carballo

Pazo da Cultura

22/03/2024

As que limpan

Betanzos

Aula Municipal de Cultura

23/03/2024

Prensa

Durante estes anos os xornais, radios, revistas, televisións, e mesmo youtubeir@s, entrevistáronnos ou falaron dos proxectos de A Panadaría. Nós non che imos poñer a feder A Panadaría, así que aquí podes ler o que dixo outra xente sobre o noso labor.

Queres falar con nós?

Tes algunha pregunta? Quéresnos facer unha proposta artística?

Sentes un impulso irrefreable de enviarnos unha carta de amor?

En A Panadaría gústanos ter liña directa con vós, tanto ten que sexas unha persoa espectadora de teatro, artista, activista, xestora cultural, empresa… Se ti queres falar con nós, nós queremos falar contigo. Preme no cadradiño amarelo para poñerte en contacto connosco.

Contacta con nosoutras
Sitio web financiado pola Unión Europea - NextGenerationEU